Alana saca disco para darlle «O Xeito á Cántigha»

O primeiro traballo discográfico do grupo vén acompañado dun videoclip do tema «Liñares»

O grupo Alana, formado por Eloy Vidal, Pablo Castro e Antía Vázquez, publica O Xeito á Cántigha, o seu primeiro disco no que buscan dar xeito ás músicas de antes, pero dende unha visión máis contemporánea. O título provén dunha recollida que Dorothé Schubarth fixo en Cerceda a unha muller chamada Delfina.

A entrevista completa a Alana xa dispoñible en Rebelico!