Estase a celebrar do 12 ao 18 de agosto a 53ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, unha data clave para a cultura celta en todo o mundo
Os galegos levamos visitando Lorient os meses de agosto dende o 1976. Esa foi a primeira ocasión na que a organización do Festival Intercéltico de Lorient convidou a algún grupo ou artista representante de Galicia. O coro Cántigas da Terra da Coruña abriu camiño á participación de Galicia no evento. Con todo, o festival xa comezara cinco anos antes, no 1971, e foi aumentando ano tras ano a afluencia de visitantes.

1971: Comeza o Festival Intercéltico de Lorient
1976: Galicia participa por primeira vez no festival co coro Cántigas da Terra da Coruña
1994: Ano dedicado a Galicia
2001: Ano dedicado a Galicia
2009: Ano dedicado a Galicia
2019: Ano dedicado a Galicia
Ao longo destes 48 anos de participación galega viaxaron á cita da Bretaña francesa centos de grupos, artistas, bandas de gaitas, asociacións, bailadores, tocadores, etc. A continuación referéncianse algúns dos grupos e artistas que actuaron no Festival Intercéltico de Lorient:
Durante os meses previos ao festival pasan moitos ensaios preparando as Horizons Celtiques (Noites Máxicas) do Stade du Moustoir de Lorient e as diversas actuacións programadas. A organización pon uns requisitos que os grupos deben cumprir, sobre todo para as actuacións no estadio, polo que hai moito traballo detrás do que poñen en escena. Galicia sempre gusta e sorprende aos asistentes ao festival. Esta é unha mostra máis de que a nosa cultura ten a potencia e a fermosura como para amosarse en calquera escenario do mundo.
Foto de portada: cultura.gal







Deja un comentario